domingo, 28 de agosto de 2011

Esta semana comeza a pretempada na S.D. Touro


A falta de 3 semanas para o comezo da tempada hoxe 29 de Agosto están citados os xogadores da S.D. Touro para comezar ca preparación de cara o inicio da liga o 18 de setembro. As categorías inferiores farano tamén ao largo desta semana. 

O equipo de Modestos formará parte do grupo 8º da Terceira Autonómica e estrearase na competición regular como visitante diante do Tordoia C.F o domingo 18 de setembro as 17:00h.

O equipo Xuvenil está encadrado no grupo 3º da Segunda Autonómica Xuvenil composta por 18 equipos. Estos comenzarán a liga o sábado 17 de setembro e  farano tamén como visitante diante do C.D. Conxo "C".

Os Infantiles pola súa parte están encadrado no grupo 6º da Segunda Auntonómica Infantil que consta de 16 equipos e comezará a súa andadura, ao igual que os modestos e xuvenís, a domicilio diante do Ciaª. María de Santiago o 1 de Outubro. 

O equipo Alevín sairá no grupo 5º da Primeira categoría alevín de F-7 que consta de 18 equipos e comezará a súa andadura tamén a domicilio diante do E.F. Lalín "C" o 18 de Setembro. 

Finalmente, os Benxamíns forman parte do grupo 3º da Primeira categoría benxamín de F-7. Consta de 14 equipos e os de Touro serán a única categoría que inicie a competición como local e farano diante do Bertamiráns C.F. "D" o 1 de Outubro. 


Planificación entrenos 29-08 / 05-09:


Luns 29 Agosto: Modestos as 20:30 h
Martes 30 Agosto: Alevín-Infantil as 18:00 h e Xuveniles as 19:30 h
Mércores 1 Setembro: Modestos as 20:00 h
Venres 3 Setembro: Benxamíns as 18:00h e Modestos as 20:00 h

No hay comentarios:

Publicar un comentario