martes, 30 de agosto de 2011

S.D. Touro - S.D. Prevediños primeiro amigable de pretempada

Con tan só 3 días de entrenamento nas pernas e pouco traballo táctico o equipo de Touro recibirá o Prevediños no primeiro derbi da tempada, ainda que este será de "carácter amigable". Os locais afrontarán a súa primeira proba de pretempada para coñocer en que nivel se encontran despois de tanto tempo de inactividade. Mentres que os visitantes xa é a segunda proba despois do seu primeiro amigable diante do Camporrapado que rematou con empate a 1.

Cando faltan 15 días para o comezo da competición, ante un rival complicado como o Tordoia C.F., é momento de facer probaturas para ir collendo ritmo de partidos e comprobar o verdadeiro nivel deste equipo.

Por tanto este domingo as 18:00 enfrontaranse estos dous equipos para ver en que punto da súa preparación se atopan e ver tamén a que poden aspirar esta tempada na liga regular. 








                 
             

                                     
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario