martes, 20 de septiembre de 2011

Debut con derrota ante o Tordoia C.F.

Era o estreo ligueiro despois de varias tempadas sen formar parte da 3ª autónomica e os de Touro comezaron a súa andadura na tempada regular con unha derrota clara diante dun Tordoia no que se notou a súa mellor condición física. 


Cos equipos ainda colocandose no campo chegou o primeiro gol na primeira xogada do partido, os locais adiantaronse no marcador con unha xogada rápida e un balón a espalda da defensa visitante. Despois do primeiro gol os de Tordoia seguiron buscando xogadas rápidas a espalda da defensa. 


Foron minutos de dominio local estos primeiros 10 minutos pero a partir de aquí os de Touro despertaron e comezaron a chegar a porteria contraria. E mesmo dispuxeron de varios cornérs consecutivos para conseguir o empate pero a ocasión visitante máis clara chegou despois de varios rechaces e no que o balón chegou a Samuel que dende dentro da area desperdiciou a ocasión para poñer o empate no marcador. E cando parecía que podía chegar o empate nunha contra chegou o segundo gol local nun máis que probable fora de xogo. A partir de aquí os de Touro viñeronse abaixo e o encontro sufriu bastantes interrupcións por parte dos dous equipos. Cando os dous equipos estaban pensando máis no descanso que no partido, un despexe da defensa visitante cara a frontal da area o número 10 local aprobeitou o rechace para poñer o 3-0 que demostraba a superioridade local pero que igual era un pouco excesivo para o visto no terreo de xogo.


A segunda parte non tivo moita historia, producironse varios cambios en ambos equipos e os de Touro tiveron que trocar o seu porteiro por molestias na rodilla. Sobre o minuto 10 desta segunda metade chegaría o último gol do encontro. A partir deste gol os de Touro buscaron o gol da honra que tiveron en dúas ocasión claras nas botas de Chapas tras xogada ensaiada pero este non chegaría e así chegaríamos o final do encontro sen moita máis historia.


A próxima xornada a S.D. Touro ten xornada de descanso que aprobeitará para disputar un amistoso diante da S.D. Cruces, do grupo 7º da 3ª Autónomica, que todavía non empezou a súa competición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario