jueves, 8 de septiembre de 2011

Derrota no primeiro amigable da tempada

No primeiro partido amigable da nova tempada a S.D. Touro non foi quen de sacar un bo resultado diante do Prevediños que contaba nas súas pernas con 3 semanas de pretempada fronte a unha semana de preparación que levaba o equipo local. 


O partido comezou con numerosas imprecisións por parte dos dous equipos como era de esperar a estas alturas da tempada. Víase a un Prevediños moito máis conxuntado xa que os de Touro era o seu primer partido e notabase en distintas fases do xogo a súa descolocación en distintos momentos deste primer tempo. Os locais intentaban salir co balón xogado mentres o Prevediños buscaba un xogo máis directo intentando crear superioridades os homes de banda dos de Touro. Pola banda dereita viñan as poucas ocasión dos visitantes cos seus 2 contra 1 contra o lateral local. 

O partido transcorría dunha area outra con numerosas faltas laterais e saques de esquina a favor dos de Touro que empezaban a achegarse con perigo a portería visitante. E sería nunha falta como chegaría o primeiro gol do partido a media hora de partido. Falta que se produce na divisoria do medio do campo a favor do Prevediños e sacan, sorprendentemente, directa a portería e na que o porteiro do Touro nada pode facer xa que nin sequera pudo ver o balón molestado polo sol que o cegou cando iba atrapar o balón.

A partir do gol os de Touro espabilaron xa que dende ese momento pasaron a controlar totalmente o partido e tuveron no ultimo cuarto de hora da primeira metade 3 ocasións claras, collendolle as espaldas a defensa visitante, para poñer o empate no marcador. 

A segunda metade notouse bastante o baixón no ritmo do xogo do partido, os locais seguían buscando o empate pero as forzas xa eran as xustas. Unha segunda parte con pouca historia e na que o segundo gol do Prevediños chegaría tras un penalti no que o porteiro do Touro se desquitaría do erro do primeiro gol, parando o penalti pero nada pudo facer no rechace que lle caeu a placer nas botas dun xogador visitante.

En resumo, primer partido da tempada, no que se notou a inactividade por parte dos locais ademais das numerosas baixas coas que contaban. Veremos que son capaces de facer durante a tempada regular que comezará en 11 días.





No hay comentarios:

Publicar un comentario