sábado, 17 de septiembre de 2011

Victoria dos alevíns no seu estreo en liga

Hoxe sábado 17 de Setembro comezou a rodar o balón para as categorías inferiores da S.D. Touro. Os primeiros en facelo foron os alevíns que abriron a competición oficial. 

As 11:00 horas tiña lugar o primeiro encontro dos rapaces alevíns que debutaron na tempada e fixerono diante da EF Lalín C. Os de Touro gañaron por 3 goles a 7 neste primer encontro do grupo 5º da primeira categoría alevín de F-7. Boa maneira de comezar a competición na primeira visita a Lalín xa que terá que facer unhas cantas máis porque a EF Lalín conta con 4 equipos nesta categoría.


Despois desta victoria ante o terceiro equipo da escola de fútbol de Lalín o próximo encontro será o vindeiro finde diante dun rival máis complicado xa que recibirán en Loxo o primeiro equipo da EF Lalín.


Outros resultados desta mañán nesta xornada no grupo 5º da categoría alevín son: Cira Melide  0 - EF Lalín B  7 ; ACD EF Arzúa  11 - Sporting Estrada B  1.


As categorías infantil e benxamín pola súa contra comezarán a súa competición o primeiro fin de semana de Outubro. O outro partido deste finde na S.D. Touro será o do primer equipo que mañán visitará Tordoia ,17:00 horas no campo de Portans, para intentar comenzar a competición con bo pé nunha salida complicada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario