martes, 25 de octubre de 2011

Derrota nos últimos minutos

Terceiro partido a domicilio e a victoria terá que seguir esperando despois de tela na man co 0-1 que reflexaba o marcador a falta de 15 minutos. Pero os locais foron capaces de remontar neste treito final para sumar a súa segunda victoria. 




Partido pasado por auga, a choiva foi a protagonista dun encontro no que a práctica do fútbol era moi dificultosa. Imposible de facer máis de 2 pases seguidos ou levar o balón controlado a tónica do partido foron os balóns colgados dende todas as partes do campo e o inexistente paso do balón polo medio campo. 

Con dúas partes diferenciadas, unha primeira con máis e mellores ocasións para os visitantes e a segunda con maior perigo dos locais. 

Na primeira parte os de Touro dispuxeron de máis de unha boa ocasión para porse por diante no partido. Con tres-catro xogadas de perigo tras internadas de Salva e Anxo polas bandas que non encontraron rematador. A máis clara estaría nos pes deste último, un disparo potente de falta que se estrelou no largueiro e o posterior rechace que cabeceou Alex as mans do porteiro cando faltaba un minuto para chegar o descanso foi a mellor 

Na segunda parte máis choiva, pero a pesar deso os locais buscaban agora o gol con máis insistencia e mellores ocasións. Os de Touro non eran quen de sacar o balón do seu campo nestos primeiros intres da segunda metade. 

Sería mediada esta segunda parte cando un saque de banda recollido por Salva e tras entrar na area e derrubado claramente polo defensa visitante e o árbitro sinalou o penalti. Penalti que foi tirado por Anxo que rechaza o porteiro en primeira ocasión, e a defensa en dúas ocasións máis e sería no cuarto rechace no que César faría o gol visitante. A partir de ahí o Villestro comezou a colgar balóns arriba e aprobeitariase dos erros visitantes e da posterior expulsión para darlle a volta a un partido que tiñan perdido. 

Tras esta derrota os de Touro ocupan a 10ª posición da taboa empatados  co Villestro con 6 puntos. 

Alineación: Miguel,Joaquín,Adrián Cancelo, Damián, Rubén, Anxo, Alex(Nestor), Samuel(Silva), Salva(Adrián Quinteiro), César, Carlos(Andrés)

Goles: 1-0 César

Incidencias: Damián expulsado por doble cartón amarelo


No hay comentarios:

Publicar un comentario