lunes, 3 de octubre de 2011

Primeiros tres puntos con remontada incluida

Despois da xornada de descanso chegaba a hora do debut como local nesta tempada 2011-12. O rival viña a Loxo con 2 derrotas en outros tantos partidos. Partido de necesidade entre dous equipos moi parexos para tentar conseguir os seus tres primeiros puntos.   


O partido comezou con numerosas interrupcións e o xogo moi parado. Presumíase un partido igualado e así foi case todo o encontro, cun marcador igualado pero en canto ocasions unha diferencia clara a favor dos locais que vían como se estragaba unha ocasión tras outra. A media hora de xogo e despois de tanto perdonar, un balón a espalda da defensa dos de Touro, un tanto dormida neste comezo de partido, convertiuse no primeiro gol dos de Ames despois de que o seu dianteiro resolvera dende forá da área rapidamente ante a salida do porteiro. 

A partir de aquí o encontro seguiu polo mesmo camiño, os locais tentando buscar o gol do empate e os de Ames matar o partido cun segundo gol aproveitando os balóns prolongados polos seus homes altos. Os de Touro buscaban os seus extremos para tentar entrar polas bandas e por aquí chegarían duas ocasións bastantes claras, unha nos pes de Salva que mandou o balón alto tras irse do seu defensor e tentar esquivar o porteiro e outra ocasión ainda máis clara que fallou Nestor cando quedou so diante do porteiro tras un pase a espalda da defensa. Sen moita máis historia chegaría o descanso cun resultado hasta o momento inxusto e así se vería na segunda metade.

Comezou a segunda metade ao igual que rematou a primeira con ocasións para os locais, que con unha defensa máis centrada e movendo o balón algo máis empeza o seu asedio a porteria visitante. Mediada a segunda parte, xogada individual de Salva pola banda esquerda que regateou a varios rivais e o seu posterior disparo dende dentro da área sería aprobeitado por Alex para poñer o 1-1 empurrando o rechace. Resultado algo máis xusto visto o visto nesta primeira metade da segunda parte.

Chegando os minutos finais chegaría o carrusel de cambios por parte dos dous equipos. Pero esto non fixo cambiar a dirección do encontro, e así chegarín dúas das ocasión máis claras do partido para Carlos, o dianteiro local que acababa de entrar no campo, dispuxo nas súas botas do 2-1 pero sería a terceira cando conseguiría ese 2-1. Gol nos minutos finais e os tres primeiros puntos nesta liga. Aínda que a falta de un minuto o árbitro, desacertado todo o partido, quixo ser protagonista xa que expulsou por doble amarela a Anxo cando o xogador do Ames sacou unha falta dirixida a este que taba a un metro do balón e o árbitro picou. 

Alineación: Chapas, Dani, Damián , Adrián, Rubén, Anxo, Alex, Andrés, Salva, Nestor, Samuel

Banquillo: Carlos, Daniel Iglesias, Joaquín, César, Ricardo Iglesias

Goleadores: Alex, Carlos




No hay comentarios:

Publicar un comentario