viernes, 28 de octubre de 2011

A seguir invictos como locais

Domingo as 16:30 visita Loxo o terceiro clasificado ca intención de conseguir os tres puntos. Partido complicado o que lles espera os de Touro que contan os seus partidos como locais por victorias pero esta vez será mais complicado ante un bo rival. Tras o pao da semana pasada con esa derrota nos últimos minutos cando gañaban 0-1 a falta de 15 minutos, intentarán sacar estos 3 puntos importantes para non quedarse abaixo na clasificación. 


O encontro estará dirixido por Juan Pablo Medina que esta temporada xa dirixiu  neste grupo de 3ª autonómica o encontro O Xa Chegou F.C  3-1  U.D. Santiso F.C. con victoria local.

Por tanto grandes alicientes neste partido con un S.D. Deixebre chamado a estar arriba e unha S.D. Touro que suma os seus partidos como locais por victorias.

Non poderá xogar este domingo Damián Mera pola expulsión da semana pasada por doble cartón amarelo no partido entre S.D. Villestro B - S.D. Touro.

Na S.D. Deixebre non contan coa baixa de ningún xogador por sanción pero o seu adestrador foi expulsado a semana pasada no partido entre a S.D. Deixebre - Tordoia C.F. por protestar o árbitro de forma ostensible e dirixirse a el en actitude de menosprezo pola cal 3 semanas de sanción.

Neste enlace outros acordos do comité de competición.

Hoxe venres as 21:00h último adestramento de cara o partido deste domingo.


Lista de Convocados


Miguel
Suso
Rubén
Joaquín
Adrián Cancelo
Ramón
Dani
Anxo
Samuel
Alex
Salva
Nestor
César
Silva 
Ricardo
Dani Iglesias
Adrián Quinteiro


Descartes: 


Gonzalo(Lesión)
Damián(Sancionado)
Andrés
Carlos(Lesión) 
Alberto (Lesión)
Arnau
Jose Balado (Lesión)



No hay comentarios:

Publicar un comentario