viernes, 7 de octubre de 2011

Segundo partido a domicilio diante dun rival difícil

Cuarta xornada de liga e segundo partido como visitante. Novamente unha saída complicada ante o Resmón C.F. . Despois de que na primeira xornada de liga o sorteo deparará un inicio de liga duro ante o claro favorito o ascenso, nesta xornada non será menos xa que é un teórico rival a estar na parte alta da clasificación e no seu campo unha das saídas máis complicadas polas dimensións do terreo de xogo e a superficie do mesmo. Tras a victoria da semana pasada ante o Ames os de Touro buscarán sacar algo positivo nesta visita. Será baixa para este encontro Anxo expulsado no partido anterior nos últimos minutos por doble cartón amarelo. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario