martes, 15 de noviembre de 2011

Tres puntos que se escapan nos últimos minutos

Non puido ser, dous puntos que se escapan nos últimos minutos despois de estar cun menos media hora. Partido con moitas ausencias por parte dos locais que se adiantaron no marcador cun gol de Carlos e que terían algunha que outra ocasión para aumentar a sua ventaxa pero que non foron capaces de conseguir ese gol que dera esa tranquilidade. Na segunda metade expulsión de Gonzalo por dobre amonestación, momento no que os visitantes comezaron a ter algunha timida ocasión e no último minuto conseguirian o empate con moita fortuna. O fin o cabo, empate que non serve de nada a ningún dos dous equipos nas súas aspiracións de avanzar na tabla clasificatoria.
Despois do derbi galego desta semana entre Depor - Celta para a semana teremos derbi entre a S.D. Prevediños e a S.D. Touro. Partido importante para intentar volver sumar de 3 en 3 puntos para acercarse os equipos de arriba.


No hay comentarios:

Publicar un comentario