viernes, 9 de diciembre de 2011

A intentar cambiar esta mala racha

Fin de semana de clásico entre Madrid e Barça pero a competición na terceira autonómica non se para e presentase unha nova xornada de liga para S.D. Touro que disputaran como locais un partido a priori bastante complicado ante un bo equipo como o Camporrapado nos postos altos da clasificación, por tanto, tres puntos importantes para intentar cortar esta mala racha de 4 partidos sen coñecer a victoria. Os de Touro chegan alternando bos momentos nos partidos con erros puntuais que pagan moi caro e que teran que evitar si se queren levar 3 puntos o domingo. Tras o duro correctivo sufrido a semana pasada coa derrota mais abultada da tempada e sen ser capaces de sumar mais que 3 puntos a domicilio tentarán volver a senda da victoria como locais donde presentan uns números mellores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario