lunes, 9 de julio de 2012

Alberto Rendo: "Hai que estar cos mellores"

Di que chega a un clube «cunha grande historia e con moita afección»




Alberto Rendo Rosende (Touro, 1990) futbolista con pasado nas categorías inferiores da S.D. Touro, Conxo, Deportivo entre outros ven de xogar no Negreira e na vindeira tempada defenderá a camiseta branquiazul do Compostela na Terceira División. Con Rendo, que estivo en todos os minutos do curso, son xa oito as novidades que ten o Compos de cara ao novo campionato. Con anterioridade a este defensa asinaron Borja Facal, Tachi, David Nogueira, Mariño, Franqueira, Jimmy e Joselu.
-¿Canto tempo leva meditando a súa fichaxe polo Compos?
-Ao rematar a tempada non pensara moito neso. Non tiña presa, pois quedaba moito verán por diante. Nin tiña presa en renovar nin en buscar novo equipo. Neste tempo chamoume o Compos e decidín aceptar a oferta.
-Ten boa pinta este novo proxecto.
-Agora mesmo a xente que se está a asinar á boa, ten unha boa traxectoria. Estase a facer un proxecto para estar na zona de enriba da táboa. Por iso, non foi moi difícil dicirlle que sí ao Compos.
-Un paso adiante na súa proxección.
-Estamos a falar dun clube cunha grande historia, dunha cidade importante e con moita afección. Ademáis, o club está a facer moi ben as cousas.
-Logo de mirar as fichaxes que leva o Compos, podemos falar dun serio aspirante ao ascenso.
-É unha cuestión difícil de pronosticar agora. Primeiro hai que mirar como comeza a tempada e agardar os reforzos dos demáis rivais. Hai que ir paso a paso, pois un ascenso depende de moitos factores e tamén da sorte.
-Pero están a chegar bos xogadores.
-O lóxico é que o equipo estea na zona alta, loitando polos primeiros postos. Penso que vai ser o que nos van pedir dende o primeiro momento.
-Haberá moito nivel, cos Racing, Pontevedra...
-Hai grandes equipos en Terceira División e o Compos ten que estar ao mesmo nivel que eles. Hai que estar cos mellores.
-¿Que nota lle daría aos seus anos no Negreira?
-A última tempada foi complicada pola situación coa que nos atopamos loitando por fuxir do descenso e pendentes dos arrastres de Segunda B. Pero foron uns anos bastante bos a nivel persoal e colectivo. Penso que fun moi regular e xoguei todos os minutos, aínda que tiñamos unna plantiña moi curta.
-Aínda é moi novo. ¿Vai ser o Compos o seu trampolín?
-Non penso en nada deso polo de agora. Só quero centrarme en axudar todo o que poida ao equipo e aportar todo o que se me pida. Agardo ter máis ledicias ao estar nun equipo con máis aspiracións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada