viernes, 28 de septiembre de 2012

Primeira xornada de liga

Despois de 1 mes e 10 días de pretempada con 4 amigables para a SD Touro, chega a primeira xornada de liga no grupo 8º da 3ª Autonómica. O primeiro partido será a domicilio no Novo Zahorra de Santiso as 17:00 h. 

Os ocos deixados por ascensos e cambios de grupo foron ocupados por AD Vila de Ordes e STA Cruz de Montaos procedentes de segunda que lle da un punto de favoritismo a loitar por volver estar nos postos de arriba. Outros equipos incorporados a este grupo de terceira son o Tordoia B e a reciente creación da SD O Pino B(dúbidas de se sae finalmente por falta de xogadores) xunto co AT. De Melide. O resto de equipos son os mesmos que formaron parte deste grupo oito a tempada pasada.

Outros equipos que estan nesta liga pero non era segura a súa participación ademáis do Pino son a SD Prevediños que finalmente si sairá neste grupo tras algunhas baixas importantes no equipo mentres que a SD Lestedo parece que será un dos equipos que non boten a andar este domingo.

Tras un balance de 3 victorias e unha derrota nesta fase de preparación empeza a rodar o balón en tempada regular para o equipo branquiazul. Con xa un ano de rodaxe nas pernas e tras as incorporacións que chegaron o equipo de Touro para achegar máis calidade comeza unha campaña con moitas incógnitas por saber que equipos estarán ahi arriba. As primeiras xornadas iran aclarando porque loita cada equipo e cal empeza en mellor estado físico.

Convocatoria:*

Estos son o resto de partidos que completan esta 1ª xornada de domingo, todos as 17:00 h salvo o At. de Melide-Rial que se disputa as 18:30h.

AT. DE MELIDERIAL C.F.
TORDOIA, C.F."B"A.D. VILA DE ORDES
S.D.STA.CRUZ DE MONTAOSRESMON, C.F.
S.D. PREVEDIÑOSS.D. O PINO "B"
TRAZO C.F.S.D. VILLESTRO "B"
S.D. LESTEDOC.F. PONTE-CAMPORRAPADO

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada